Somos un equipo formado por persoas inquietas, namoradas do noso traballo e da nosa labor. Xuntámonos nun centro espectacular pola novidade arquitectónica que representa, pero máis espectacular é o que ocorre cada día alí dentro...

Cumplimos un soño interxeracional, somos un equipo formado por 40 maiores e 80 nenos e ademais de xerocultoras, auxiliares de enfermería, psicóloga, terapeuta ocupacional e traballadoras sociais, tamén contamos con mestras e educadoras infantís! Un equipo do máis variopinto..

O noso reto, e demostrar á sociedade que maiores e nenos teñen moito que ensinarnos...especialmente, do marabilloso froito das súas relacións… Traballamos sempre dende o enfoque do emponderamento dos maiores na sociedade e de loita contra os edadismos, fomentando a participación activa en todos os ámbitos das súas e as nosas vidas.

A nosa quipa de traballo